A Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) asinou un convenio de colaboración coa estación de servizo BP. Este convenio ofrece unha serie de vantaxes excepcionais que axudarán aos nosos membros a aforrar en combustible e obter recompensas exclusivas.
Vantaxes exclusivas para socios:
- Tarxeta BP Bonus: Como socio de ARE, terás acceso á tarxeta BP Bonus, que che permite obter un desconto inmediato de 3 céntimos por litro en cada repostaxe. O mellor de todo é que esta tarxeta é gratuíta e non require ningún pagamento. Ademais, é compatible coa Tarxeta Mi BP, tamén gratuíta. Combinando as dúas tarxetas, podes aforrar ata 6 céntimos por litro, e ata 8 céntimos por litro se o teu consumo mensual é igual ou superior a 150 litros.
- Recompensas con Tarxeta Mi BP: Coa Tarxeta Mi BP, acumularás un punto por cada litro repostado, que poderás canxear por fantásticos regalos do catálogo. Se non che interesan os regalos, acumulando 3.000 puntos, obterás un bono de 15€ de combustible gratis, e con 6.000 puntos, obterás un bono de 40€ de combustible gratis.
Únete a ARE e aproveita todos os beneficios que temos para ti.
SE XA ERES ASOCIADO NON AGARDES MÁIS PARA BENEFICIARTE DESTE CONVENIO
SE AÍNDA NON ESTÁS ASOCIADO: Asóciate agora!